Hoxe, haberá ceos parcialmente despexados con posibles intervalos nubosos e chuvascos intermitentes que poderán vir acompañados de bancos de néboa frouxos ou persistentes. A partir do serán, produciranse rachas de vento moderadas con compoñente de nordés que irán collendo forza ata ben entrada a noite, que será cando empecen a cesar estes refachos. Pola contra, intervalos de choivas intensas acompañaránnos ó longo de toda a noite e parte do día seguinte ata media tarde, cando o Sol volva a alumear e con el o bo tempo durante uns días.
En canto á situación marítima, na zona do litoral atlántico, dentro
... Leer más